domingo, 20 de novembro de 2016

Constitución do Sistema Solar

A inmensidade do Universo, está composta por infinitas galaxias ou sistemas, formadas por diversidade de astros, unha delas, á nosa, ó Sistema Solar.

É difícil precisar a orixe do Sistema Solar. Os científicos creen que pode situarse hai uns 4.600 millóns de anos.


Segundo a teoría de Laplace, unha inmensa nube de gas e pó contraeuse por mor da forza da gravidade e comezou a virar a gran velocidade, probablemente, debido á explosión dunha supernova próxima.

 -Formación do Sol

A maior parte da materia acumulouse no centro. A presión era tan elevada que se iniciou unha reacción nuclear, liberando enerxía e formando unha estrela. Ao mesmo tempo íanse definindo algúns remolinos que, ao crecer, aumentaban a súa gravidade e recollían máis materiais en cada volta.


Tamén había moitas colisións. Millóns de obxectos achegábanse e uníanse ou chocaban con violencia e partíanse en anacos. Os encontros constructivos predominaron e, en só 100 millóns de anos, adquiriu un aspecto semellante ao actual. Despois cada corpo continuou a súa propia evolución.

 -Orixe dos planetas

Calquera teoría que pretenda explicar a formación do Sistema Solar deberá ter en conta que o Sol vira lentamente e só ten 1 por cento do momento angular, pero ten o 99,9% da súa masa, mentres que os planetas teñen o 99% do momento angular e só un 0,1% da masa.


Hai cinco teorías consideradas razoables:


A teoría de Acreción asume que o Sol pasou a través dunha densa nube interestelar, e emerxeu rodeado dun envoltorio de pó e gas.

A teoría dos Proto-planetas
di que inicialmente houbo unha densa nube interestelar que formou un cúmulo. As estrelas resultantes, por ser grandes, tiñan baixas velocidades de rotación, en cambio os planetas, formados na mesma nube, tiñan velocidades maiores cando foron capturados polas estrelas, incluído o Sol

A teoría de Captura explica que o Sol interactuó cunha proto-estrela próxima, sacando materia desta. A baixa velocidade de rotación do Sol, explícase como debida á súa formación anterior á dos planetas.


A teoría Laplaciana Moderna asume que a condensación do Sol contiña grans de po sólido que, a causa do rozamento no centro, frearon a rotación solar. Despois a temperatura do Sol aumentou e o po se evaporó.

A teoría da Nebulosa Moderna baséase na observación de estrelas novas, rodeadas de densos discos de po que se van freando. Ao concentrarse a maior parte da masa no centro, os anacos exteriores, xa separados, reciben máis enerxía e fréanse menos, co que aumenta

Deíxovos este vídeo que resume o contado anteriormente.





sábado, 19 de novembro de 2016

Presentación do blogue

Benvid@s a este blogue para a asignatura Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía do IES Otero Pedrayo (Ourense), pertencente ó curso 2016/17. Neste blogue tratarei temas refentes ó inconmensurable Universo e ó apaixonante mundo da Astronomía. Espero que sexa do voso agrado e que vos entreteña!