mércores, 28 de decembro de 2016

Que requisitos hai que cumprir para ser ASTRONAUTA?

Moitos de nós soñamos cando éramos pequenos con chegar a ser astronautas, viaxar polo espazo, camiñar pola Lúa, idolatrando ó estadounidense Neil Armstrong, cando realizou este feito no ano 1969, sorprendendo a mayoría da humanidade.

A medida que cada persoa vai crecendo esvaécese, na mayoría dos caso, como una simple e normal anécdota da infancia de cada un, e vendo chegar a alcanzar dito posto, pero, a verdade é que pode estar alcance de moitos, e aquí vos conto algún dos requisitos necesarios para ser astronauta, pola NASA, ou pola Axencia Espacial Europea.

Antes de nada, é necesario saber que´é concretamente un astronauta.
Un astronauta é unha persoa que tripula unha astronave ou que está adestrada para este traballo. No entanto, aos astronautas soviéticos ou rusos denomínaselles normalmente cosmonautas e aos chineses, taikonautas. O término cosmonauta provén do término ruso kosmonavt, que á súa vez se deriva das palabras gregas kosmos e nautes. O término taikonauta é un neologismo formado a partir do término chinés espazo e do grego navegante en semellanza con astronauta. Na mochila, levan auga e un xerador de osíxeno. A duración máxima continuada do uso do traxe é de seis horas aproximadamente.

Hai dous xeitos de ser astronauta: como piloto ou como especialista.
Os pilotos son seleccionados das forzas armadas americanas entre aviadores que teñan miles de horas de voo no seu haber. Os especialistas deben posuír un diploma universitario, aínda que a maioría dos seleccionados teñen un doctorado.

Para ser candidato a especialista de misións ha de cumprir os seguintes requisitos.

Estudos.
Ser licenciado nunha carreira de enxeñería, como pode ser física, matemáticas, bioloxía ou química e preferiblemente, posuír o título de Doutor ou experiencia. O expediente académico é extremadamente importante.

Experiencia.
Basta con traballar uns 3 anos no campo no que obtiveches o teu título universitario e mostrar que as túas responsabilidades neste ámbito foron crecendo. É máis, nin sequera isto é tan esencial xa que, si tes un título de posgrado, parte desa experiencia podería obviar.

Saúde.
Pasar un test físico, no que se comproba que a presión arterial non supera os 14 e a visión, na que se esixen valores de 20/20 sen corrección.

Idade.
De 27 a 37 anos.

Estatura.
Ha de estar comprendida entre 1,49 mts e 1,93 mts.

No caso da NASA, é necesario ter a cidadanía estadounidense.

Candidato a Piloto de misións.

Os mesmos requerimientos que para especialista, máis de 1.000 horas de voo en avións a reacción. Estatura entre 1,63 mts e 1,93 mts. Unha vez supérense estes requisitos, deberase pasar un proceso de selección para posteriormente, participar noutro de adestramento.

Tanto a NASA como a ESA (Axencia Espacial Europea), reclutan astronautas para futuras misións de exploración á Lúa ou á Marte, aínda que con conta pingas. Doutra banda, países como Canadá ou Xapón, adestran a moi poucas persoas. No entanto, si verdaderamente quere viaxar ao espazo ha de ter paciencia, claro que si ten moito diñeiro, pode ir pola vía rápida e converterse en turista espacial, como xa fixeron algúns millonarios, como é o caso de Dino Perico, que pagou a friolera suma de 20.000.000 de dólares por ver a terra desde a Estación Espacial Europea.

O traxe espacial.
Protexe das temperaturas extremas, da falta de osíxeno e das radiacións solares. Regula a temperatura corporal a través dun sistema de circulación de auga, de 91 metros de lonxitude. Dispón de micrófonos e altofalantes para a comunicación coa nave, o resto do equipo e a base na Terra. Incorporan cámaras de vídeo e fotografía para monitorización e grabación.








Ningún comentario:

Publicar un comentario