sábado, 25 de marzo de 2017

Campaña para que Plutón volva ser un planeta

Un grupo de expertos defenden que as propiedades xeolóxicas, como a forma e a superficie, deberían determinar a constitución dun corpo celeste.

Plutón.


Seis científicos de diferentes institucións de Estados Unidos lanzaron unha campaña para ampliar a clasificación astronómica e considerar nuevamente a Plutón como planeta "hai unha década, ese corpo celeste pasou a ser definido como planeta enano". Os expertos presentaron este martes un estudo nunha conferencia internacional sobre ciencia planetaria, en The Woodlands (Texas), no que explican que as propiedades xeolóxicas, como a forma e a superficie, deberían determinar a constitución dun planeta. Segundo esa clasificación, non só Plutón, senón tamén outros 110 corpos do sistema solar, incluso a Lúa, entrarían nesa categoría.

En 2006, a Unión Astronómica Internacional (IAU, polas súas siglas en inglés) intentaba atopar a forma de clasificar un corpo xeado descuberto máis aló de Plutón. Como resultado, a organización adoptou unha definición de planeta baseada en características que inclúen o feito de non ter outros obxectos na súa traxectoria orbital. O planeta enano e os seus familiares recentemente descubertos na distante rexión do Cinto de Kuiper foron entón reclasificados, xunto con Ceres, o obxecto máis grande no cinto de asteroides entre Marte e Júpiter.

                                                                     Cinturón de Kuiper.

Kirby Runyon, da Universidade Johns Hopkins e principal autor da proposta de revisión, sostén que a definición tradicional deixa de lado os intereses de investigación da maioría dos científicos planetarios, que, segundo afirma, están máis interesados nas características físicas deses astros, como a súa forma e clima, ou si teñen montañas, océanos e atmosfera. "Si estás interesado nas propiedade intrínsecas dun mundo, a definición da IAU non ten valor", afirmou Runyon nunha entrevista por teléfono á axencia Reuters.

Runyon e os seus colegas afirman que ese órgano internacional non ten a autoridade para determinar a definición dos corpos celestes. "Esta é unha oportunidade de alfabetización científica para o público, en términos de como se fai a ciencia", di o experto. "E iso non significa dicir, 'concordemos nunha cousa'. Iso non é ciencia en absoluto". El e o seu equipo abogan por un sistema de sub clasificación, similar á metodoloxía xerárquica en Bioloxía.

Esa proposta irrita ao astrónomo Mike Brown, do Instituto de Tecnoloxía de California, quen descubriu o obxecto do Cinto de Kuiper que expulsou a Plutón do Sistema Solar. "Hai que estar cego para non ver as profundas diferenzas entre os oito planetas do sistema solar nas súas órbitas circulares majestuosas e os millóns e millóns de corpos diminutos que se distribúen no espazo entre eles", escribe Brown nun correo electrónico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario