sábado, 1 de abril de 2017

O Cinto de Asteroides

Entre as órbitas de Marte e Júpiter hai unha rexión de 550 millóns de quilómetros na que orbitan uns 20.000 asteroides. Algúns teñen ata satélites ao seu ao redor.
Os asteroides foron descubertos primeiro teóricamente, tal como sucedeu co descubrimento de Neptuno e Plutón. En 1776, o astrónomo alemán Johann D. Titius predijo a existencia dun planeta entre Marte e Júpiter.

Descubrimento de asteroides
                                                       Asteroide Toutatis

En 1801 Giuseppe Piazi descubriu un corpo celeste orbitando á distancia predita anteriormente. O tamaño do obxecto, bautizado como Ceres, era menor do esperado (1025 quilómetros), polo que non se axustaba completamente ao modelo proposto. Un ano despois, Heinrich Olbers (1758-1840) descubriu outro asteroide de similares características: Palas.
En 1807, Heinrich Olbers suxeriu que, en lugar dun planeta intermedio, existisen máis corpos residuales dun planeta moito maior. Hoxe sabemos que isto non foi así, senón que estes asteroides son corpos que non chegaron a agregarse durante os comezos do Sistema Solar para formar un planeta, posiblemente debido á enorme forza gravitatoria do próximo Júpiter.

As naves que navegaron a través do cinto de asteroides demostraron que está prácticamente baleiro e que as distancias que separan os uns dos outros son enormes. A probabilidade de encontar a un é mínima.

Os asteroides do cinto formáronse, segundo unha teoría, a partir da destrución dun planeta, un pequeno planeta. Habería que xuntar 2.500 veces os asteroides coñecidos para ter a masa da Terra.
                                Onde está o Cinto de Asteroides? Sistema Solar,

Segundo outra teoría, un grupo duns 50 asteroides formáronse co resto do Sistema Solar. Despois, as colisións os han ir fragmentando.

Dentro do cinto hai lagoas, zonas onde non vira ningún asteroide, por mor da influencia de Júpiter, o planeta xigante máis próximo.
Os chamados asteroides Troyanos están situados en dúas nubes, unha que vira 60° por diante de Júpiter, no plano da súa órbita, e a outra 60° por detrás.
A distribución espacial dos asteroides está condicionada pola presenza de Júpiter. A gravidade deste planeta xigante crea zonas resonantes nas que se acumulan os asteroides, como os troyanos.
                                                         Asteroide Castalia.

Na imaxe pódese ver o asteroide Castalia fotografado polo Telescopio Espacial Hubble en 12 posicións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario