sábado, 11 de febreiro de 2017

A Galaxia de Andrómeda (2ª parte)

Na primeira parte, explicase parte da súa orixe, e oseu descubrimento. Nesta segunda parte tratárase de explicar a súa naturalidade e de como se chegou a denominar "Galaxia", e cando e como a poder distinguir no espazo exterior.

En 1864, William Huggins, o pionero da espectroscopia, fixo notar a diferenza entre as nebulosas gaseosas, co seu espectro de liñas, e as ?nebulosas que conteñen estrelas ? que agora sabemos que son galaxias. Andrómeda presentaba liñas espectrales continuas, similares ás das estrelas.
                                                                    Willian Huggins.

En 1887, Isaac Roberts obtivo as primeiras fotografías da Nebulosa de Andrómeda, que mostraban por primeira vez os trazos básicos da súa estrutura espiral.
                                                                       Isaac Roberts.

En 1912, V. M. Slipher do Observatorio Lowell mediu a velocidade radial da Galaxia de Andrómeda, e atopou que tiña a maior velocidade xamais rexistrada, duns 300 km por segundo.

Heber Curtis descubriu en 1917 doce estrelas novas en Andrómeda. Ao constatar que estas novas eran 10 magnitudes máis débiles que as novas rexistradas na Vía Láctea, supuxo que Andrómeda estaba a 500.000 anos luz e que tanto ela como outros obxectos similares, coñecidos nese tempo como nebulosas espirales, non eran nebulosas senón galaxias independentes.

En 1920 Curtis e Harlow Shapley protagonizaron un aceso debate. Shapley defendía que Andrómeda era en realidade unha nebulosa próximas.

Con todo, en 1925 Edwin Hubble atopou estrelas cefeidas en fotografías de Andrómeda. Este achado deixou claro que tales obxectos son en realidade galaxias máis ó menos como a nosa, só que a grandes distancias, de modo que a Nebulosa de Andrómeda (denominación que aínda se atopa en textos antigos) pasou a ser coñecida definitivamente como a Galaxia de Andrómeda. En 1929, Hubble publicou o seu famoso estudo da Nebulosa de Andrómeda como un sistema estelar extragaláctico, é dicir que se atopa fóra da nosa galaxia.

En 1943 Walter Baade foi o primeiro en discernir estrelas dentro da rexión central da galaxia de Andrómeda, e tamén demostrou que había dous tipos de cefeidas, o que significou duplicar a súa distancia ata un valor xa moi próximo ao aceptado actualmente.

Observacións recentes do telescopio espacial Spitzer revelaron que Andrómeda contén un billón de estrelas, excediendo en dez veces o número de estrelas que hai na nosa galaxia, a Vía Láctea.

O Telescopio Espacial Hubble revelou que a galaxia de Andrómeda M 31 ten un núcleo dobre. Isto suxire que ou ben ten en realidade dous núcleos brillantes, probablemente por mor de haberse "comido" a unha galaxia máis pequena que algunha vez introduciuse ata o seu centro, ou que partes do seu único núcleo vense escurecidas por material escuro.

A Galaxia de Andrómeda pódese ver a primeira ollada nun ceo escuro desde lugares que se atopen lonxe das fontes de contaminación lumínica.

Unha noite similar á que se ve na figura , pero un pouco máis tarde e cando xa non haxa lúa. O máis escuro posible.
                                       Noite escura na que se distingue a Galaxia de Andrómeda.

A primeira ollada parece bastante pequena, pois o ollo soamente pode captar a parte central que é suficientemente brillante. Pero o diámetro angular completo da galaxia é en realidade de sete veces o da Lúa chea vista desde a terra.

Si estando nas condicións sinaladas disponse de binoculares ou dun telescopio de poucos aumentos, conséguese ver non soamente a súa rexión central senón o resto da galaxia.

Cun pequeno telescopio e en boas condicións de escuridade, ata é posible distinguir as súas dúas galaxias satélites máis próximas (M32 e M110).

Ningún comentario:

Publicar un comentario