sábado, 11 de febreiro de 2017

Os Púlsares

Os Púlsares son fontes de ondas de radio que vibran con periodos regulares. Detéctanse mediante radiotelescopios.
                                                      Representación Gráfica dun Púlsar.

A palabra Púlsar é un acrónimo de "pulsating radio source", fonte de radio pulsante. Requírense reloxos de extraordinaria precisión para detectar cambios de ritmo, e só nalgúns casos.


Os estudos indican que un púlsar é unha estrela de neutrones pequena que vira a gran velocidade. O máis coñecido está na nebulosa de Cangrejo. O seu densidad é tan grande que, neles, a materia da medida dunha bóla de bolígrafo ten unha masa de preto de 100.000 toneladas. Emiten unha gran cantidade de enerxía.

O campo magnético, moi intenso, concéntrase nun espazo reducido. Isto acelérao e faio emitir un fai de radiacións que, aquí, recibimos como ondas de radio a través de radiotelescopios.


Os pulsares foron descubertos en 1967 por Anthony Hewish e Jocelyn Bell no observatorio de radio astronomía en Cambridge. Coñécense moitas estrelas pulsantes, pero só dous, a Pulsar do Cangrejo, e a Pulsar da Vela, emiten pulsos visibles detectables. Sábese que estas dúas tamén emiten pulsos de raios gamma, e unha, a do Cangrejo, tamén emite pulsos de raios-X.

A regularidad dos pulsos é fenomenal: os observadores poden agora predecir os tempos de chegada dos pulsos con antelación dun ano, cunha precisión mellor que un milisegundo.

As pulsantes son estrelas de neutrones fuertemente magnetizadas. A rápida rotación, xa que logo, faias poderosos xeradores eléctricos, capaces de acelerar as partículas cargadas ata enerxías de mil millóns de millóns de Voltios.

Estas partículas cargadas son responsables do fai de radiación en radio, luz, raios-X, e raios gamma. A súa enerxía provén da rotación da estrela, que ten xa que logo que estar baixando de velocidade. Esta disminución de velocidade pode ser detectada como un alargamiento do período dos pulsos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario