sábado, 11 de febreiro de 2017

Misión espacial a un planeta descoñecido do Sistema Solar

A axencia espacial de EE UU acaba de aprobar unha misión espacial ao maior asteroide metálico do Sistema Solar. Chámase 16 Psique e é un corpo de 210 quilómetros de diámetro no Cinto de Asteroides, entre Marte e Júpiter.

A inmensa maioría dos asteroides coñecidos están feitos de roca e xeo. 16 Psique é unha rareza porque está composto de ferro e níquel. Os responsables da nova misión, bautizada Psyche, pensan que este asteroide é o núcleo dun antigo planeta do Sistema Solar que tiña o tamaño de Marte e que perdeu todas as súas capas exteriores fai miles de millóns de anos por colisións con outros corpos.
   Asteroide metálico Psique-16.


"Esta é unha oportunidade para explorar un novo tipo de mundo", dixo Lindy Elkins-Tanton, da Universidade Estatal de Arizona e líder da misión. A Terra e probablemente o resto de planetas rocosos teñen núcleos metálicos que son totalmente inaccesibles para a ciencia, o que aumenta o interese desta misión, segundo os seus responsables. "16 Psique é o único obxecto da súa clase en todo o Sistema Solar e a única forma de que os humanos visitemos un núcleo [planetario]", asegura Elkins-Tanton nunha nota difundida pola NASA. O ano pasado, un equipo liderado por científicos da Universidade de Arizona detectou na supericie de Psique unhas moléculas que poderían ser de auga, o que aumenta a rareza e o interese por este asteroide.
"Esta é unha oportunidade para explorar un novo tipo de mundo",
comentan.

Psyche lanzarase no outono de 2023 e chegará ao seu destino en 2030. Ten previsto orbitar o asteroide durante 20 meses. O proxecto pertence á clase Discovery, misións de custo reducido (uns 440 millóns de dólares) pero cun alto potencial científico.

Mentres Psyche aclarará como se forman os planetas rocosos e divídense en diferentes capas, a outra misión da mesma clase que tamén acaba de ser aprobada pola NASA, Lucy, ten como obxectivo reconstruír que sucedeu no Sistema Solar no seu máis tenra infancia, uns 10 millóns de anos despois do nacemento do Sol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario