sábado, 22 de abril de 2017

A Nube de Oort

A nube de Oort é un hipotético conxunto de pequenos corpos astronómicos, sobre todo asteroides e cometas, situados máis aló de Plutón no extremo do sistema Solar.
En 1950 o astrónomo holandés Jan Oort, baseado en coidadosos estudos orbitales e análises estatísticas das traxectorias de cométalos, formulou unha hipótese, hoxe comúnmente aceptada, segundo a cal, os núcleos de cométalos de longo periodo proceden dunha nube esférica que rodea o Sistema solar mais alá da órbita de Plutón, desde unhas 30.000 Unidades astronómicas ata uns 3 anos luz.

                                                                     A Nube de Oort.

Estes obxectos formáronse nas primeiras fases de acrección do Sistema Solar nas proximidades do Sol, pero serían expelidos cara aos seus confíns polo efecto das forzas da gravidade. Os que non escaparon totalmente a estas formarían a nube de Oort.
Algúns dos obxectos desta nube, por mor da interacción con algunha estrela próxima, serían impulsados de cando en cando en dirección ao Sol, cara ao cal desprazaríanse nunha viaxe de centos de miles de anos ata que se comezase a alterar a súa órbita polo efecto da gravidade dos grandes planetas Júpiter e Saturno, de maneira que algúns se transforman en cometas de longo periodo, aínda que outros logo do seu paso polo Sistema Solar próximo poden perderse para sempre no espazo exterior.
                                                               Obxectos da Nube de Oort.

Estímase, sen que se teñan datos que corroboren estas hipóteses, que existen na nube de Oort máis dun billón de obxectos de diámetro pequeno, cuxa masa total pode ser equivalente á do planeta Júpiter.

Ningún comentario:

Publicar un comentario