domingo, 23 de abril de 2017

Que pasaría se a Lúa non existise? (1ª parte) Se de súpeto desaparece a Lúa

O clima e a luz do noso planeta experimentarían cambios drásticos aos que a vida tería que adaptarse para non extinguirse... ou para empezar a existir.
                                                                       A Lúa e a Terra.


A auga en océanos e mares se estancaría

Sen o seu satélite natural o clima do noso planeta cambiaría drásticamente, xa que ao perder a forza das mareas, provocadas pola atracción gravitatoria da Lúa, as correntes dos mares e océanos verían modificada a súa dirección e intensidade. Aumentaría o nivel do mar nas costas e a auga se redistribuiría cara aos polos. A disminución da intensidade das correntes e a interrupción do sistema de drenaje e limpeza natural dos mares supoñería un estancamento das augas. Isto tería como resultado a inevitable perda de gran parte das especies de vida marítima e dos animais e plantas que dependen dos mares e os océanos, como os que habitan nas costas.

                                                                              Océano.

Veráns de máis de 100 grados e invernos a 80 baixo cero
A gravitación lunar mantén a inclinación fixa do eixe de rotación da Terra nuns 23 grados respecto ao plano da súa órbita. Si a Lúa desaparecese de vez o eixe de rotación terrestre perdería a súa estabilidade, o que conllevaría unha alternación das estacións. Serían habituais veráns con temperaturas de máis de 100 grados, e invernos a 80 baixo cero, coas adaptacións que iso implicaría para a vida animal e vegetal.

Ventos de máis de 300 quilómetros por hora
O caso máis extremo sería o alineamiento directo do eixe de rotación da Terra cara ao Sol, o que provocaría que nunha parte do planeta reinaría a escuridade completa e a outra estaría baixo a acción permanente do sol. Ventos dunha velocidade extrema de máis de 300 quilómetros por hora azoutarían a superficie da Terra como consecuencia das drásticas diferenzas de temperatura. Vida na fronteira entre dous mundos
Neste caso se erradicaría case por completo toda a vida en ambos hemisferios. As especies só poderían sobrevivir no ecuador, xusto na fronteira entre o mundo da escuridade e o da luz eterna.

Extinciones masivas
A gran maioría dos animais e as plantas serían incapaces de adaptarse á nova situación, o que se reflectiría en extinciones masivas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario