venres, 14 de abril de 2017

O Cinto de Kuiper

En 1951 o astrónomo Gerard Kuiper postulou que debía existir unha especie de disco de proto-cometas no plano do sistema solar, pasada a órbita de Neptuno, aproximadamente entre as 30 e 100 unidades astronómicas. Deste cinto provirían cometas de curto período.


A partir de 1992, co descubrimento de 1992 QB1 e os outros moitos que lle seguiron, tívose constancia real da existencia dunha enorme poboación de pequenos corpos xeados que orbitán máis aló da órbita do planeta Neptuno.
Aínda que os valores das estimacións son bastante variables, calcúlase que existen polo menos 70.000 obxectos "transneptunianos" situados entre as 30 e 50 unidades astronómicas de distancia desde o Sol, con diámetros superiores aos 100 km.

                                                                     O Cinto de Kuiper.

Máis aló das 50 UA é posible que existan máis corpos deste tipo, pero en todo caso o seu localizacion é moi dificil coas actuais técnicas de detección. As observacións mostran tamén que se achan confinados dentro duns poucos grados por encima ou por baixo do plano da eclíptica. Estes obxectos coñéceselles como KBOs (Kuiper Belt Objects).
O estudo do cinto de Kuiper é moi interesante porque contén obxectos moi primitivos, das primeiras fases de acreción do sistema solar, e porque parece ser a fonte de cométalos de curto período, do mesmo xeito que a nube de Oort o é para os de longo período.

O cinto de Kuiper deixou de ser unha simple hipótese cando a fins de agosto de 1992, co telescopio de 2,2 metros da Universidade de Hawaii, David Jewitt e Jane Luu descubrían un afastado obxecto duns 280 km de diámetro denominado 1992 QB1. A este, seguiu toda unha serie de descubrimentos similares.

Tralo descubrimento de 1992 QB1, o estudo dos obxectos transneptunianos converteuse nun campo da astronomía de moi rápida evolución, con grandes avances no campo teórico nos últimos anos. O número de obxectos descubertos cada vez é maior e aos poucos vanse obtendo novos coñecementos sobre o seu significado e características físicas.

                                                        Eris, o maior dos transneptunianos.

En 2003 descubriuse Eris (2003 UB313), o planeta enano coñecido de maior masa, no Cinto de Kuiper. Probablemente foi arrastrado á órbita afastada que agora ocupa pola influencia gravitatoria de Neptuno, mentres se formaba o Sistema Solar. Ten un satélite natural chamado Disnomia.

Eris ten unha órbita moi excéntrica que completa cada 557 anos. Agora está case á máxima distancia posible do Sol, a uns 14.500 millóns de quilómetros. Do mesmo xeito que Plutón e o seu satélite Caronte, Elis ten metano metano xeado na súa superficie. Son os tres únicos corpos do Cinto de Kuiper onde se detectou, o cal indica que debe ser extremadamente frío.

Ningún comentario:

Publicar un comentario