venres, 14 de abril de 2017

Achan, por primeira vez, unha atmósfera rica en auga e metano nun mundo similar á Terra

O descubrimento é un paso importante na búsqueda de vida noutros mundos.

A ciencia acaba de dar un novo e importante paso na procura de vida fóra da Terra. Trátase da detección dunha atmosfera nun mundo moi similar ao noso, unha Super Terra chamada GJ 1132b con apenas 1,6 veces a masa terrestre e un tamaño só 1,4 veces maior. De feito, trátase do exoplaneta máis parecido ao noso no que se puido detectar ata agora a presenza dunha atmosfera. O traballo acaba de publicarse en The Astronomical Journal.

O equipo, que inclúe investigadores do Instituto Max Planck de Astronomía, utilizou para o seu achado o telescopio de 2,2 metros ISO/MPG, en Chile, para obter imaxes da estrela anfitriona (GJ 1132) e medir os sutís cambios de brillo causados pola absorción de luz tanto do planeta como da súa atmosfera cada vez que pasa fronte a ela.

                                                                O exoplaneta GJ-1132B.

Aínda que non estamos falando aínda dunha detección directa de vida noutro mundo, trátase dun importante paso nesa dirección. En efecto, a detección dunha atmosfera ao redor de GJ 1132b marca todo un fito: é a primeira vez que se consegue detectar unha atmosfera nun planeta de masa e radio similares aos da Terra.

Precisamente, a estratexia que seguen actualmente os astrónomos para detectar signos de vida extraterrestre pasa por estudar a composición química das atmosferas planetarias, en busca de certos desequilibrios químicos que, para producirse, requiren da presenza de organismos vivos. Na Terra, a pista dáa a presenza de grandes cantidades de osíxeno.

Aínda estamos lonxe de lograr unha detección así, aínda que este estudo colócanos un pouco máis cerca do obxectivo. Ata agora, en efecto, as escasas observacións de atmosferas en exoplanetas leváronse a cabo en mundos moito máis grandes e moi diferentes á Terra: xigantes gaseosos similares a Júpiter ou mundos rocosos, pero moitas veces maiores que o noso. Polo tanto, esta será a primeira vez que se poida analizar con detalle a atmosfera dun planeta similar en masa e tamaño ao que nós habitamos.

GJ 1132b orbita ao redor dunha enana vermella na constelación da Vela, a 39 anos luz de distancia. Os científicos fixáronse nel precisamente porque, desde a perspectiva da Terra, pasa regularmente por diante da súa estrela (cada 1,6 días), bloqueando unha pequena parte da súa luz. É dicir, que leva a cabo un tránsito cada pouco máis de día e medio.

                                                                   Constelación da Vela.

A partir da cantidade de luz bloqueada polo planeta cada vez que cruza por diante da súa estrela, os investigadores poden deducir o seu tamaño, que neste caso é de 1,4 veces o da Terra. As observacións, ademais, mostraron que o planeta parecía ser máis grande nunha das lonxitudes de onda do infrarrojo que nas demais. O cal suxire a presenza dunha atmosfera opaca a esa luz infrarroja específica (o que fai que o planeta pareza maior), pero transparente en todas as demais lonxitudes de onda.
Os diferentes modelos atmosféricos levados a cabo a partir destes datos suxiren que a atmosfera de GJ 1132b é rica en auga e metano, o cal encaixa á perfección coas observacións realizadas.
Malia que aínda non temos suficiente información para determinar si estamos, ou non, ante un mundo con vida, si que bastan para que os astrónomos síntanse optimistas. As enanas vermellas son a clase de estrelas máis comúns e abundantes da nosa galaxia (cerca do 75%) e aínda que é certo que adoitan ser moito máis activas que o Sol, o que significa que son capaces de "varrer" as atmosferas dos seus mundos, os que conseguen conservalas durante o tempo suficiente convértense en excelentes candidatos para albergar algunha forma de vida.

Os plans, agora, son seguir moi de cerca as evolucións de GJ 1132b cos mellores telescopios disponibles, como o Hubble e, a partir do ano próximo, o James Webb, cen veces máis potente e que permitirá analizar esa esperanzadora atmosfera cun detalle sen precedentes. Ata ese momento, non queda máis que manter os dedos cruzados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario