domingo, 23 de abril de 2017

Que pasaría se a Lúa non existise? (2 parte) Se a Lúa nunca existira




No mellor dos casos, a vida tardaría máis tempo en aparecer

Unhas mareas máis débiles no océano primitivo haberían dificultado a mestura e a fricción de sustancias, polo que non se deron as condicións necesarias para que xurdise vida, ou esta aparecería centos de millóns de anos máis tarde.

Fortes ventos

O día terrestre duraría oito horas. Debido ao aumento da velocidade de rotación da Terra tamén serían maiores os ventos que se producirían na súa atmosfera, que alcanzarían polo xeral velocidades de 160 ou 200 quilómetros por hora.
                                                                Fortes ventos.


Vida máis primitiva ou con biología distinta
A inestabilidade da inclinación do eixe de rotación terrestre derivaría en variacións extremas de temperatura e provocaría un clima radicalmente diferente ao que coñecemos. Todo isto reflectiríase nas formas de vida terrestre, que serían totalmente distintas ás que existen na Terra para poder adaptarse a un mundo de extremos, ou ben serían máis primitivas.

A ciencia tomaría outros derroteros
Si aceptamos que unha Terra sen a Lúa puidese estar habitada por seres intelixentes, a súa ciencia desenvolveuse dun xeito moi distinto á nosa, xa que moitos dos coñecementos que temos de campos tan distintos como a agricultura e a astronomía débense ao estudo das fases lunares. Estas permitiron calcular a distancia entre a Terra e a Lúa, a Terra e o Sol, as dimensións dos corpos celestes e, en definitiva, facer entender ao home que non é máis que unha mota de po na inmensidade do universo.










Ningún comentario:

Publicar un comentario